Galicia Vigo al minuto

O BNG sinala que “nin un euro” dos 33 millóns aprobados polo Pleno de Vigo vai a medidas contra a crise

O seu voceiro advirte de que non hai tempo para executar esa cantidade

O BNG sinala que "nin un euro" dos 33 millóns aprobados polo Pleno de Vigo vai a medidas contra a crise

O seu voceiro advirte de que non hai tempo para executar esa cantidade

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo cuestiona que non destine “nin un só euro” a medidas fronte á crise social dos 33 millóns de crédito extraordinario aprobado polo Goberno municipal. Para o voceiro do BNG foi “patética” a falla de respostas do alcalde, durante o Pleno do Concello celebrado este mércores.

Sen explicacións

“Caballero non foi capaz de explicar durante os 15 minutos da súa intervención tres cuestións fundamentais, que motivaron o noso voto en contra”, salientou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. Entre elas, lamentou a negativa do Goberno municipal a aumentar con cargo aos remanentes os recursos para axudas sociais; para despregar máis políticas de emprego ou para axudas para o pequeno e mediano comercio da cidade, tal como propuxo o Bloque ante o agravamento da carestía da vida.

Sen tempo para a súa execución

Ademais, Igrexas preguntou a Abel Caballero como vai executar esta modificación orzamentaria ,cuxa entrada en vigor está prevista para o 16 de decembro, segundo o propio calendario da proposta do Goberno local, a apenas dúas semanas de rematar o exercicio e en datas inhábiles para a xestión financeira do Concello. Nese sentido, lembrou que ningún dos créditos extraordinarios aprobados desde 2020 resultaron executados finalmente.

Propaganda

O voceiro do Bloque aclarou que non rexeitan os investimentos anunciados- dos que moitos deles xa foran recollidos en anteriores orzamentos- senón o uso propagandístico dos recursos do Concello, como 2,5 millóns para promocionar a ‘Marca Vigo’, no que parece unha “dopaxe publcitaria da marca Caballero con diñeiro das viguesas e vigueses”.

Máis de 32,8 millóns

Exactamente, o Pleno Municipal aprobou-so co apoio do PSOE, a abstención do PP e os votos en contra de Marea de Vigo e BNG- un crédito extraordinario con remanente de Tesourería por un importe superior aos 32,8 millóns.

Esta cantidade, como explicou o alcalde en rolda de prensa, financiará obras de “Porta do Sol a Navia”. Entre elas Caballero enumerou a pista de skate cuberta en Navia -anunciada en marzo-; a remodelación da Praza Elíptica, xa en marcha; o aparcamento Matamá e a renovación da Praza de San Mauro; o mercado de Teis; melloras no Castro; a biblioteca de Teis – un dos proxectos recurrentes que ven ‘saltando’ de orzamento en orzamento dende 2018-; o ámbito da ETEA; a estrada Garrida -Porto; a cubrición do Colexio Frián-Teis; a humanización de Aragón ou obras na contorna de Vialia.

También te puede interesar