Se están acabadas as obras dos apeos do ascensor HALO
A Estación de Autobuses de Vigo abrirá o vindeiro 5 de decembro…se están rematadas as obras dos apeos do ascensor HALO. A delegada da Xunta e candidata á Alcaldía, informou este xoves de que a Consellería de Infraestruturas e comunicou ao Concello a data de apertura.
Así mesmo, nesa mesma comunicación infórmase de que haberá catro novas paradas dentro da cidade: dúas na Avenida Gregorio Espino, unha na Avenida de Madrid e outra na Praza de España.
Cordinación coas concesionarias
Con todo, segundo engade a delegada, “iniciamos o proceso de traslado para a apertura da nova terminal sempre e cando o Concello finalice os seus traballos”. Aínda, así, Fernández-Tapias e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, visitaron este martes pasado as novas instalacións e, paralelamente, comezaron as reunións coas concesionarias do transporte para coordinar o traslado dende a vella estación de autobuses.
Cartas ao Concello
Segundo a delegada, o Concello de Vigo non respondeu a ningunha das cartas enviadas os pasados 26 de xuño e 28 de xullo para coñecer as datas nas que acaban as súas obras de accesos, sen os que é imposible abrir a estación.
Tamén explicou que debido ás obras do ascensor HALO será necesario un desvío provisional en entrada e saída de autobuses para evitar as cimentacións provisionais coas que o Concello vai a construír o elevador.
Resposta do Concello
Onte a concelleira de Urbanismo, María José Caride, e este xoves o alcalde, respostaron á intención da Xunta de abrir a nova estación de autobuses.
Caride pediu á delegada que “deixe de enredar” e que se ateña ao que aproba na Comisión de Seguimento (na que están o Concello e a Xunta, ademáis do Estado) e na Comisión Técnica. Ademáis, subliñou que o túnel de Lepanto non pode servir como vía para os autobuses que teñen o súa orixe o destino na estación.
Hoxe, Abel Caballero lembraba que, segundo a lei, o Concello ten que enviar tres alternativas de acceso; asegurou que o Goberno municipal non tiña comunicación da Xunta e subliñou que a nova estación ten que axudar a mellorar o tráfico na cidade, non empeoralo.
Segunda data que anuncia a Xunta
Esta é a segunda data de apertura que facilita a Xunta, a primeira sinalaba que estaría funcionando o día 1 de agosto, unha data que, posteriormente, adiou, culpando do retraso ao Concello.