Destacados Vigo al minuto

Abre o prazo para o programa ‘Xuntos polo Nadal’

Ata o 28 de novembro

Abre o prazo para o programa 'Xuntos polo Nadal'

Ata o 28 de novembro

A Xunta abriu o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal , que ofrece estadías 100% gratuítas, en pensión completa a persoas maiores que viven soas ou que non teñen con quen pasar estas datas. Deste xeito, o Goberno galego pon a disposición 540 prazas nas Residencias de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, e do Carballiño entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro.

As persoas beneficiarias deberán ter máis de 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego e vivir só no seu domicilio ou ter que pasar só as datas do Nadal.

Actividades

O programa permite unha estancia de oito días nunha destas dúas residencias, así como desprazamentos en autobús e actividades de animación sociocultural como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións ou ximnasia, entre outras moitas.

Dúas quendas

Así, a convocatoria deste ano 2022 distribuirá as 540 dispoñibles en dúas quendas do 23 ao 30 de decembro e do 31 ao 7 de xaneiro. Na residencia de Panxón ofértanse 260 prazas, mentres que na de O Carballiño 280.

Solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de novembro e poderá realizarse a través da sede electrónica, nos centros de atención social ou no concello de procedencia. Ademais, poderase obter información na canle +65, chamando ao teléfono 900 333 666.

También te puede interesar