Comarcas

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, repite como candidato á Alcaldía polo BNG

“Seguirá á fronte do Concello cunha maioría reforzada”, asegura Ana Pontón

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, repite como candidato á Alcaldía polo BNG

“Seguirá á fronte do Concello cunha maioría reforzada”, asegura Ana Pontón

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves desde 2015, repetirá como candidato nas vindeiras Eleccións Municipais de maio de 2023.

Un cento de persoas asistiron á presentación da candidatura do BNG, na Casa da Xuventude, nun acto que contou coa presenza de Ana Pontón, xefa da oposición no Parlamento de Galicia e portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego.

“O mellor alcalde que tivo nunca As Neves”

“Xose é o mellor alcalde que tivo nunca As Neves”, dixo Pontón quen amosouse segura de que seguirá á fronte do Concello, “pero cunha maioría reforrzada”. A líder do BNG salientou que o alcalde ten demostrado “liderado, capacidade de xestión e que sabe estar ás duras e ás moi duras”, -en referencia a ola de lumes que asolou o concello en 2017 e a recente pandemia da Covid-19-, defendendo “por riba de todo” os intereses dos veciños e veciñas.

“Xose demostrou a capacidade do BNG para transformar en positivo e mellorar a vida das persoas desde o goberno municipal das Neves”, incidiu.

As Neves avanza

Na súa intervención, o alcalde fixo balance destas dúas lexislaturas e lembrou os avances realizados en todas as áreas. Dende o cambio na política de xestión do lixo; o aforro, a efectividade e mellora mediambiental coa substitución do 90% do alumeado público a LED; a mellora das infraestruturas, con máis dun cento de obras, só nos últimos catro anos; a extensión de redes Wifi gratuítas en todos os edificios municipais; un “traballo profundo” en Servizos Sociais, dende a atención aos cidadáns durante a pandemia, pasando programa de reforma de infravivendas; melloras do Centro de Saúde; conciliación familiar; envellecemento activo ou acompañamento.

Medio ambiente

Impulso ás iniciativas medioambientais, empezando polos centros educativos, co programa ‘O Monte nace na Escola’, coa adaptación dos Campamentos de Verán ao coidado da natureza; plantado masivo de árbores, roteiros e a conservación e coidado da natureza.

Cultura

Na área de Cultura destacou a creación e asentamento dos ciclos culturais, o cambio tan destacado realizado na Feira do Requeixo e do Mel e na Festa do Tinto Rías Baixas e, a reforma da Casa da Xuventude; así como a creación de proxectos como “Artes no territorio”.

Xestión económica

Tamén destaca a xestión económica do Concello, cunhas contas saneadas, o aumento de achegas doutras Administracións, como o Goberno do Estado, a Xunta e a Deputación de Pontevedra; ademáis de entidades como o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) ou Instituto Galego para a Vivenda e Solo.

Transparencia

O alcalde tamén subliñou a mellora palpable na transparencia da información, e na accesibilidade a ela a través dunha nova e funcional páxina web e unhas redes sociais actualizadas e vivas.

Xosé Manuel Rodríguez, asegurou estar no mellor momento para seguir traballando cun camiño marcado e un grande equipo ao seu arredor, que medra coa achega de novas persoas e a ilusión e máis ganas que nunca de facer medrar o concello; e destacou que a política ten sentido cando se fai, como nas Neves, pensando nas persoas.

También te puede interesar