Sucesos Vigo al minuto

Axentes da Policía Local do Porriño salvan a vida a unha bebé que non podía respirar

A nena está ben e recupérase na súa casa

Localizan en Porriño a un niño de 2 años, con hipotermia, junto a su padre ébrio

A nena está ben e recupérase na súa casa

Momentos de tensión os vividos este luns na Xefatura da Policía Local do Porriño. Preto das 10 da noite, os pais dunha pequena duns 2 anos de idade chegaban con ela en brazos ás dependencias policiais xa que “non podía respirar”.

Afogábase

Tras constatar que a menor sufría unha insuficiencia respiratoria, comezaron a realizar as manobras básicas de primeiros auxilios conseguindo que reaccionara. Ao non haber unha ambulancia dispoñible neste momento e “comprobar que a pequena volvía quedar sen aire, os axentes desprazarona de urxencia xunto aos seus pais ao centro de saúde, mentres un deles continuaba a efectuar as maniobras“.

De camiño, estas deron resultado e a pequena logrou expulsar as secrecións que lle impedían respirar e abrir a vía aérea, comezando a respirar con normalidade.

Trasladada ao Cunqueiro

En primeira instancia a nena foi atendida no PAC do Centro Médico do Porriño e posteriormente trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e hoxe xa se atopa no seu domicilio e recuperándose.

También te puede interesar