Comarcas Vigo al minuto

Nigrán repite o mercado ‘Bulebule’

Nigrán repite o mercado 'Bulebule'

A Praza Rosalía de Castro de Nigrán volverá a ser a antesala do Nadal na comarca grazas ao mercado de inverno ‘Bulebule’.

36 postos de venda

Esta segunda edición, organizada novamente entre o Concello e Brétema Studio, terá lugar do 16 ao 18 de decembro e ocupará toda a praza ao pasar dos 14 postos de venda de 2021 aos 36 deste ano, o máximo previsto.

O evento volverá a mesturar artesanía, gastronomía e marcas emerxentes con música en directo e obradoiros para crianzas. Así, os concertos repetiranse en sesión vermú e de tarde-noite. Ao longo dos vindeiros días irán publicándose os horarios das actividades e o nome das empresas participantes a través da web  www.bulebulenigran.es e as súas redes sociais.

Vendedores da comarca

Nesta liña, o alcalde de Nigrán comenta que “queremos volver a ofrecer un ambiente festivo no núcleo urbano ao tempo que dinamizamos o comercio da zona”. Así, Juan González, subliña que a maioría dos vendedores son da comarca, e Brétema Studio está composto por dous mozos de Nigrán, Bárbara Ceballos e Mak Aguiar.

Por iso, “Bulebule Nigrán é un espazo onde hai cabida para todas esas mentes creativas que queren mostrar os seus produtos ao mundo, onde convive coas familias que veñen a pasar unha finde diferente, chea de diversión e actividades para todas ás idades”,

También te puede interesar