Como xa sucedeu coa de Unidade de Traballo Social Doutor Corbal
O mesmo día no que o alcalde presenta a Cabalgata de Reis ou os maiores orzamentos da historia de Vigo, están pechadas as oficinas de atención social de Coia e Teis.
Marea de Vigo vén de denunciar este feito, como xa o fixera a Oficina de Dereirtos Sociais de Coia (ODS), que se suma ao da Unidade de Traballo Social (UTS) de Doutor Corbal, onde as persoas usuarias atoparon un cartel que di que a oficina está pechada “ate novo aviso todos os xoves e venres”.
Para a concelleira Oriana Méndez, o feito de atopar a da rúa Quintela en Coia cun cartel que di “por falla de persoal os días 17 e 18 a oficina estará pechada atendendo exclusivamente a personas con cita previa”, amosa unha evidente incapacidade de xestión das substitucións de traballadoras sociais por baixas, it ou vacacións. Por iso a concelleira esixe que sexa emendado “de urxencia polo Goberno local”.
‘Porta de entrada’ ao Sistema de Servizos Sociais
Marea de Vigo lembra, que tal e como recoñece o propio Concello, “As UTS ou Unidades de Traballo Social son a “porta de entrada” ao Sistema de Servizos Sociais”. As mesmas ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación. Neles “se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal”.
Un Concello con recursos
Oriana Méndez, subliña que atoparse coas oficinas pechadas supón moitas veces que as persoas potencialmente vulnerables desistan en pedir axuda, ou mesmo non teñan solucións de urxencia para problemas graves.
Non se explica, tendo en conta que Vigo é un concello con recursos en materia de capítulo 1 (emprego público) como pode estar un servizo básico do concello sen capacidade de activar a bolsa de substitucións. Oriana Méndez lembra que no 2021 máis de 14 millóns de euros quedaron sen executar, e neste 2022 imos cara esa cifra na execucion orzamentaria cando quedan menos de 2 meses para rematar o ano.
A cidade por baixo dos 100€ de gasto social por habitante
Marea de Vigo considera que esta situación, unida ao feito de que Vigo está por debaixo dos 100 euros de gasto social por habitante, é un dos motivos polos que presentou emenda á totalida aos orzamentos do Concello. “É evidente que algo falla cando unidades que dan información, valoración, diagnóstico e orientación á poboación no que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder permanecen pechadas por falla de persoal”.
Tamén o 18, 23, 24, 25 e 28 de febreiro
Estos peches non son ademáis novos, xa en febreiro deste ano, en concreto os días 18, 23, 24, 25 e 28 e como denunciara CCOO, a oficina de Coia permanecera pechada e só se atendera a persoas con cita previa coas traballadoras sociais e a técnica de inclusión social.