Caeu ante o mexicano Carlos Sansores na final
Chegou a medalla no Mundial para o taekwondo galego! Iván García (+87, Mat´s) logrou este venres a medalla de prata no Campionato do Mundo Absoluto 2022, que se está a disputar en Guadalaxara (México).
O galego fixo unha competición excepcional, vencendo en todos os seus combates por 2-0 ata chegar á gran final ante o mexicano Carlos Sansores (prata no último Mundial de Manchester), na que o competidor local soubo aproveitar as súas oportunidades para impoñerse.