Galicia Vigo al minuto

Veciños de Teis convocan unha concentración este sábado pola mellora do abastecemento

Ás 17:00h. na rúa Párroco Don Serafín

Veciños de Teis convocan unha concentración este sábado pola mellora do abastecemento

Ás 17:00h. na rúa Párroco Don Serafín

A  Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este sábado 19 de novembro ás 17:00 horas, na rúa párroco Don Serafín, para esixir a substitución inmediata a tubaxe de abastecemento de auga desta rúa.

Corte de subministro

Dende a asociación sinalan que esta rúa padece “desde hai moitos anos continuas roturas da tubaxe da rede de abastecemento de auga”. Isto supuxo cortes do subministro continuos, obras na rúa e o deterioro do firme.

O pasado mes de xullo como as roturas eran continuas, realizouse un ” bay pass “ coa colocación en varios tramos da rúa de tubaxe ao descuberto, como unha medida provisional para evitar as continuas roturas. Daquela a Asociación falou coa Concellaría de Fomento, que se comprometeu a realizar un proxecto para realizar a substitución desta tubaxe, proxecto que está en redacción.

Plan de mellora da rede de abastecemento en Teis

A Asociación de Veciños insiste na nacesidade de elaboración urxente dun plan de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis para acabar con estes problemas que tamén apareceron noutras rúas da parroquia.

También te puede interesar