É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Xunta aumenta a presión sobre o Concello para abrir a nova Estación de Autobuses
Cita ao Goberno local a unha xuntanza este martes
Cita ao Goberno local a unha xuntanza este martes
A delegada da Xunta en Vigo e candidata do Partido Popular á Alcaldía, informou este luns de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocou ao Concello de Vigo á comisión de seguimento dos traballos de accesos e contorna da estación de autobuses.
Marta Fernández-Tapias explica, nunha nota enviada á prensa, que a Xunta, o Concello de Vigo e o ADIF terán unha reunión este martes para falar da apertura da nova terminal de autobuses, a coordinación coas actuaciones incluidas no convenio entre as tres administracións e as obras do ascensor Halo.
Os apeos do ascensor listos en novembro
“Agardamos que o Goberno municipal confirme que os traballos para os apeos do seu elevador finalizarán este mes, tal e como tiñan previsto, de forma que o 5 de decembro podamos abrir a estación de autobuses“, comentou a delegada e candidadta do PP.
Fernández-Tapias lembra que a Xunta comunicara o pasado 10 de novembro ao Concello, de forma oficial, a data de apertura da nova estación de autobuses, así como as catro novas paradas nos percorridos ata a mesma.
A candidata á Alcaldía engade que é preciso que se rematen as obras dos apeos do HALO, “que bloquean os accesos e o desvío da entrada e saída de autobuses, para evitar as comentacións provisionais coas que o Concello vai a construir o elevador”.
Non é a primeira data que anuncia a delegada
Con todo, hai que sinalar que o 5 de decembro non é a primeira data que anuncia a delegada da Xunta en Vigo para a apertura da nova estación de autobuses. Antes xa indicara o 1 de agosto, poñendo como condición que o Concello tivera rematados os accesos á autopista…ainda que o alcalde sempre desmentiu que os accesos da cidade á autopista tivesen relación coa apertura da estación de autobuses.
Tamén houbo un retraso no remate das obras da nova terminal, que o anterior titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, fixara para finais de 2021 e, finalmente, non estiveron terminadas e entregadas ata o pasado mes de xuño: seis mese máis tarde.
Cartas ao Concello
A delegada da Xunta, por último, asegura que o Goberno municipal non respondeu ás cartas enviadas o 26 de xuño e 28 de xullo pedindo que informase sobre a data de remate das obras de acceso e os permisos do Ministerio de Transportes, condicións que agora se cumplirían coa apertura do túnel de Lepanto.