Galicia Vigo al minuto

Os cativos de entre 6 meses e 5 anos poderán vacinarse da gripe este sábado

Sanidade enviará un SMS aos seus pais indicando o lugar e hora da vacinación

Os nenos vigueses que se vacinaron contra a gripe recibirán a segunda dose os días 23, 26 e 27 deste mes

Sanidade enviará un SMS aos seus pais indicando o lugar e hora da vacinación

Ás nenas e nenos de entre 6 meses e 5 anos, poderán vacinarse da gripe este sábado, día 26, de 10:00 a 14:30h. e de 15:30 a 20:00h., en todas as áreas sanitarias de Galicia. O lugar e o momento da vacinación será comunicado por
SMS aos pais, nais ou titores das nenas e nenos

Logo do éxito da ‘proba piloto’ realizada en Santiago

O presidente da Xunta informou este mércores da medida aprobada polo seu goberno, durante a súa comparecencia no Parlamento. Alfonso Rueda sinalou que, tras o éxito que supuxo a proba piloto de vacinación infantil contra a gripe da pasada fin de semana no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Sanidade repetirá a experiencia na esta fin de semana en toda Galicia.

Na mesma, un total de 532 nenos e nenas, menores de 5 anos, acudiron a vacinarse da gripe. Con estas vacinacións, a cobertura da gripe entre a poboación pediátrica da área sanitaria de Santiago -algo máis de 11.000 menores-, incrementouse ata en 5 puntos, pasando dun 36% a un 41%


También te puede interesar