Video Vigo al minuto

O Naval volveu á rúa

En protesta pola morte dun traballador no astaleiro Cardama

O Naval volveu á rúa

En protesta pola morte dun traballador no astaleiro Cardama

O Naval volveu á rúa en Vigo. Máis de 1.500 traballadores manifestáronse este venres na cidade para esixir maiores mdidas de seguridade, após da morte dun compañeiro de 42 anos de idade, este xoves, nun accidente no astaleiro Cardama.

Como informara vigoalminuto, caeulle enriba un ‘bloque’ de aceiro cando estaba a ser decargado dun camión. Perdeu a vida no acto.

Paralizada toda a actividade

Os traballadores, que paralizaron hoxe toda actividade no sector naval, saíron camiñando, sobre as 09:30h. dos distintos astaleiros da cidade e chagaron, preto das 11, á Delegación da Xunta en Vigo, onde houbo unha concentración, en medio de unha desproporcionada presenza policial, onde esixiron ás empresas que tomen máis medidas para evitar desgracias como esta.

A precariedade fai dos traballadores “carne de canón”

Nas súas intervencións, os representantes sindicales decunciaron que non se trata dun feito illado, senon de algo que “se está producindo habitualmente” e lembraron que hai un ano morreu outro traballador e “non se puxeron os medios para evitar que se repetise”. Así, criticaron que a Xunta e a Inspección de Traballo, “que teñen as competencias para solucionalo, mirar para outro lado e deixan que a precariedade e as empresas piratas fagan dos traballadores do sector carne de canón”.

Mesa do Naval

Por todo iso, reclamaron unha reunión da Mesa do Naval -con presenza de centrais, Xunta, Traballo, e representantes dos astaleiros-, o que non sucede dende 2010, e que se tomen medias reais para evitar máis mortes.







También te puede interesar