“É fundamental colaborar co comecio de proximidade”, subliña a alcaldesa
A transformación chega ao comercio local de Salceda. O Concello impulsa o programa ‘Da Túa Man’, con fondos europeos, a través da sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra.
‘Da Túa Man’, organizado pola Concellería de Comercio, que dirixe a alcaldesa, Verónica Tourón, conta cun orzamento de 93.139,87€, dos cales o Concello de Salceda aporta 11.546,27€.
Dinamizar o comercio
As actuacións recollidas teñen como obxectivo fundamental dinamizar o comercio local , na liña de potenciar as iniciativas que se veñen levando a cabo pola asociación de comerciantes ACISA e o concello. Así, facilita a introdución de cambios que faciliten a modernización, sustentabilidade e transformación dixital dos negocios comerciais locais.
Portal web único e campañas de información
Así, comercio local poderá transformarse dixitalmente coas actuacións de creación dun portal web único; campañas de comunicación; puntos de información e sensibilización sobre o tratamento de residuos; packing sostible e aplicacións que faciliten a oferta comercial.
Sostebilidade
Na mesma liña, no tocante ao aspecto sostible, relacionado co fomento da economía circular no comercio local, algunhas das actuacións iran encamilñadas a establecer sistemas de recollida de pedidos de forma colaborativa; deseños de packaging reutilizable ou o subministro e instalación de illas ecolóxicas modulares para o depósito e tratamento de residuos.
Formación
Tamén está previsto que as persoas propietarias e traballadoras dos comercios de Salceda poidan adquirir formación que lles axude a coñecer e superar os retos da transformación dixital e como poden sacarlle o maior partido para o crecemento dos seus negocios.
“Resulta fundamental colaborar co comercio de proximidade para facilitarlle a adaptación aos novos retos da transformación, facendo da nosa vila un espazo comercial de referencia na nosa comarca”, subliña a alcaldesa.