Entre as 08:00h. do luns e as 18:00h. do martes
Os traballos de mantemento nun viaduto do Corredor do Morrazo, ao paso por Cangas, farán necesario o corte de tráfico desde este luns, día 28, ata o martes, 29. As obras son para realizar tarefas de mantemento e reposición dunha xunta de dilatación no último tramo do corredor, entre Alto da Portela e Menduíña, en Cangas.
Así, para facelas, é preciso o corte total do tráfico entre as 08:00h. do luns e as 18:00h. do martes, “aproximadamente”, sinalan dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Conservación de estradas
Esta intervención enmárcanse nos contratos que a Xunta mantén activos para garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas autonómicas. Este programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible.
Tamén forman parte deste programa os traballos de roza; as melloras de firme ou reparacións de pontes; obras de paso ou noiros de menor entidade; e o programa de vialidade invernal.