O domingo foi o peor día, con 21 sinistros
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 82 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 25 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 27 de novembro. A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 68: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, asistiron en 7 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico, asistiron en 56 sinistros ,e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.
En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 66 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.