Vigo al minuto

A Xunta construirá aseos públicos e unha cafetería na ETEA

Anunciouno este mércores a delegada e candidata do PP á Alcaldía de Vigo

A Xunta construirá aseos públicos e unha cafetería na ETEA

Anunciouno este mércores a delegada e candidata do PP á Alcaldía de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, e candidata á Alcaldía polo Partido Popular, adiantou este mércores en rolda de prensa, que xa está adxudicado o contrato para reparar o campo de baloncesto da ETEA e que o vello edificio que ocupa os antigos vestiarios será reconvertidos en aseos públicos, cun orzamento de 48.000 euros.

Cafetería

Así mesmo, Marta Fernández-Tapias engadiu que o inmoble situado entre ambas instalacións (antiga panadería) servirá como nova cafetería, na que se investirán 330.253 euros. A tal efecto, xa está contratado e a punto de concluír o estudio de viabilidade que permitirá a súa posta en funcionamento.

‘Plan de acción da Xunta na ETEA’

Fernández-Tapias fixo este anuncio durante a presentación do ‘Plan de Acción 2022-25’ que aprobará este xoves o Goberno galego para o desenvolvemento do ámbito da ETEA.

Segundo explicou, o plan supón un investimento total de 49,1 millóns de euros, despois de que a Xunta xa executase nos últimos anos 21 millóns e teña previsto coa nova planificación outros 21 millóns.

Mantemento e limpeza

Por outra banda, a delegada informou de que no mantemento de todas as instalacións da ETEA, a limpeza e a xardinaría, o investimento será de 461.063 euros en tres anos. Ademais, a Xunta continuará asumindo os servizos de vixilancia e seguridade, por un importe de 600.919 euros ata o ano 2025.

Centro de transformación e alumeado

A tamén candidata do PP, asegurou que a Xunta construirá un novo centro de transformación, ao que destinará 37.045 euros, que permitirá o subministro eléctrico a todo o recinto e individualizar os consumos aos diferentes propietarios.

También te puede interesar