Na Avenida de Galicia
Os nenos e nenas do Porriño contarán cun novo espazo de lecer con zona de xogo infantil na céntrica Avenida de Galicia. Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, visitou este sábado a praza da Alameda onde se están a rematar os traballos para a inminente apertura do novo parque.
Unha tirolina de 21 metros
“Este espazo foi rediseñado para o disfrute dos cativos e cativas, aproveitando as obras de impermeabilización que tivemos que executar na parte baixa da praza acometemos a súa humanización total e acondicionámola como un espazo público pensado para eles”, explicou o alcalde, “A zona de xogo contará cunha gran tirolina de 21 m, varios columpios, un tobogán e varios balancíns, todo isto nunha contorna segura para os máis pequenos e pequenas”.
Ademáis, este espazo que ocupará a zona de xogos, contará con céspede sintético e áreas de impacto con pavimento amortiguador onde se ubiquen os elementos.
Máis de 135.000 euros
O proxecto conta cun orzamento de 135.868,67 euros financiado íntegramente a través do Convenio de colaboración asinado entre o Concello do Porriño e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. As obras inclúen tamén a reparación dun gran bache que afectaba á calzada e beirarrúa.
Lorenzo destacou que “temos xa preparados varios proxectos de mellora integral de varios parques do municipio, pendentes de dotación orzamentaria, que nos próximos meses poñeremos en marcha”.