996 deles son especialistas
1.311 profesionais sanitarios tomarán posesión este luns, 12 de decembro, como persoal fixo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) trala superación dos procesos selectivos, en hospitais, centros de saúde e entidades como 061.
996 especialistas
Deles, 996 son persoal facultativo especialista, e 318 son técnicos sanitarios. Ademáis, sinalan dende Sanidade, 700 profesionais continuarán desempeñando o seu labor no mesmo centro de traballo, mentres que 405 cambiarán de emprazamento.
Nesta mesma liña, o Goberno galego destaca que 101 profesionais comezarán a traballar por primeira vez no Sergas logo de superar estas oposicións. Así tamén, adxudicaranse as prazas de concurso de traslados destas categorías coincidindo coa incorporación da Oferta Pública de Emprego (OPE), 85 prazas de distintas especialidades de persoal facultativo especialista e 29 técnicos especialistas.