Houbo 53 feridos dende o venres ata este domingo pasado
Galicia suma dúas fins de semana sen mortes por accidentes. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a pasada a 53 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 9, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 11 de decembro.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia, recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas, foron 46. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico atenderon en 40 sinistros.
En 7 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 46 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.