Comarcas Vigo al minuto

Campaña ‘Rasca e gaña’ con 5.000 € en premios por comprar en Nigrán

O Comercio local repartirá 25.000 boletos

Campaña 'Rasca e gaña' con 5.000 € en premios por comprar en Nigrán

O Comercio local repartirá 25.000 boletos

O Concello de Nigrán e a Asociación de Empresarios Ovalmi amplían por vez primeira a súa campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’ ao reparto dun total de 5.000 € ocultos en 25.000 boletos ‘Rasca e Gaña’.

Promover as compras no pequeno comercio da localidade é o obxectivo, porque os premios serán para, precisamente, canxealos en calquera dos 88 establecementos adheridos (socios de Ovalmi e non socios que se anotaron previamente a través do formulario web do Concello). Toda a información polo miúdo, incluído o listado de participantes, está pendurada na web www.nigran.es

Dende este venres ao vindeiro 6 de xaneiro

Así, o comercio repartirá entre a súa clientela desde este venres 16 de decembro e ata o 6 de Xaneiro un total de 25.000 ‘rascas’ a razón de 1 por cada 20 € de compra ata un máximo de 4 boletos.

Os cupóns, repartidos equitativamente entre os comercios, ocultan tres premios de 300 €, 11 premios de 100 €, 30 premios de 50 € e 60 premios de 25 € que o seu posuídor deberá canxear antes do 31 de Xanerio de 2023 (deberá grampar o tiquet de compra ao boleto e contactar con Ovalmi de 9:30 a 14:00 horas de luns a venres).

También te puede interesar