Da cobertura á poboación de Cangas e Moaña de 15.00 h. a 22.00 h
Desde o pasado luns día 12, o centro de saúde de Cangas conta cunha nova Unidade de Radioloxía en xornada de tarde, que da cobertura á poboación de Cangas e Moaña.
Un novo especialista en Imaxe Diagnóstica
Para isto foi necesario incrementar os recursos humanos cun novo técnico superior especialista en Imaxe Diagnóstica, que prestará servizo de luns a venres desde as 15.00 h. ás 22.00 h. Ademais, tamén dará apoio ao Punto de Atención Continuada (PAC) cando os profesionais o requiran.
6.500 probas ao ano
Así, esta nova oferta asistencial, ven a ampliar a actividade da Unidade de Radioloxía de mañá. A previsión é que soamente na xornada de tarde se realicen unhas 6.500 probas diagnósticas anuais. Se trata de estudos de radioloxía simple como son as placas de tórax, músculoesquelético e abdome.