Vigo al minuto

Un año de loita contra o vial de Beade

Os afectados convocan unha concentración este domingo, en Príncipe

Un año de loita contra o vial de Beade

Os afectados convocan unha concentración este domingo, en Príncipe

Os Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), e os grupos ecoloxistas Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, ADEGA y Amigos da Terra, convocan o domingo, día 18, unha concentración na rúa Príncipe, de 11:30 a 13:30h, en protesta contra o vial PO-010.

Neste mes de decembro cumprese un ano do nacemento da plataforma AVIBE, un movemento veciñal que agrupa veciños das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos afectados pola planificación, no novo Plan Xeral, da construcción dun vial de alta capacidade de 4 carrís que vai arrasar polo menos 40 vivendas así como parte do espazo rural da cidade.

3.000 alegación e un estudo técnico

“Os veciños enterámonos fai un ano, a un mes de rematar o prazo das alegacións, de que esta especie de autovía atravesaría as nosas parroquias e, en pouco máis de un mes, presentamos cerca de 3.000 alegacións contra dito vial así como un estudo técnico que demostra a innecesariedade deste vieiro”.

Apoio de colectivos ecoloxistas

Considerando que “a unión fai a forza” os veciños, apoiados por colectivos ecoloxitas como Ecoloxistas en Acción, Adega, Amigos da Terra e Greenpeace iniciaron unha loita “que dista moito de rematar debido a actitude do Concello.”

Neste ano, AVIBE realizou todos os meses actividades en sinal de protesta contral o vial PO-010: manifestacións en
distintos puntos da cidade; marcha rodada; cacerolada no Concello; o Camiño de Santiago, roteiros polo río Barxa ou a presentación de solicitude dun ENIL (Espazo natural de interés local) para os ecosistemos Eifonso e Barxa.

Intentos do alcalde de “desacreditar a nosa loita”

Mentres os veciños loitaban “polas nosas casas e o pouco espazo verde que rodea a Vigo o Concello, pola súa parte, puxo os seus esforzos en desacreditar a nosa loita con mentiras e xustificacións falsas da necesidade deste vial”.

Neste sentido, lembran que Abel Caballero, inicialmente dixo que só afectaba a unha casa en ruinas e que este vial era para o hospital Álvaro Cunqueiro; despois manifestou que era para o Parque Tecnolóxico de Valadares e incluso para a
Universidade. A realidade, subliñan os veciños, é a que aparece no PXOM: este vial serve para a ampliación das instalación de PSA (PXOM páxina 14 de 187).

O alcalde non os recibiu

Por outra banda, apuntan, cabe destacar tamén que Abel Caballero non se reuníu nunca coa plataforma AVIBE…aínda que sí o fixo a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María José Caride, o pasado mes de xaneiro de 2022, “para dicirnos que estudiaría as nosas alegacións e que volvería a ter unha reunión cos afectados: pero tras casi un ano de espera esta reunión segue sen chegar”.

Desvaloración e expropiación

Os veciños denuncian, de novo, a “desvalorización das nosas propiedades,” as expropiacións; o detrimento da calidade de vida; a recualificación do chan; perda de patrimonio, biodiversidade e espazos naturais; a afección ós ecosistemas naturais dos ríos Barxa e Eifonso ou ruptura das parroquias.


También te puede interesar