O prazo de reserva de praza está aberto ata o día 27
Co obxectivo de ofrecer ferramentas que contribúan a unha mellor conciliación familiar e laboral, o Concello de Covelo participa no Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Actividades para nenas e nenos de entre 3 e 16 anos
A Concellería de Igualdade, que dirixe María Valiñas, informa que se organizarán actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán en horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de propostas lúdicas e socioeducativas cando as súas familias non poidan atendelos.
Reserva prazas
O prazo de solicitude e reserva de praza está aberto ata o 27 de decembro de 2022. Este servizo de conciliación é gratuíto e estará dispoñible os días laborais ata o 30 de decembro de 2022 dende as 15:00 horas as 21:00 h de luns a venres e os días non lectivos de Nadal dende as 8:00 h ata as 21:00 h.
Todas as persoas que precisen máis información poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais do Concello de Covelo ao telf. 986650027 ext. 3 ou enviar un correo electrónico a [email protected]