Vigo al minuto

A Cidade da Xustiza “fai augas apenas un mes despois da súa apertura”

AXG-CUT alerta de inundacións polas última choivas

A Cidade da Xustiza "fai augas apenas un mes despois da súa apertura"

AXG-CUT alerta de inundacións polas última choivas

AXG-CUT vén de denunciar que, cando aínda non están instalados nin a metade das unidades xudiciais e dos empregados públicos na Cidade da Xustiza de Vigo, “xa se están a deixar en evidencia algunha das costuras denunciadas [por este sindicato] en plena rehabilitación do antigo Hospital Xeral”.

Espazo para 3.000 caixas cando nos xulgados da rúa Lalín hai 110.000

Así, aseguran que “ao ridículo espazo que ten para os arquivos xudiciais, menos de 30.000 caixas cando nos
edificios da rúa Lalín hai máis de 110.000 nos baixos”,
hai que engadirlle as “inundacións que tiveron lugar con motivo das primeiras chuvias importantes” que houbo na cidade.

Secando como “follas de bacallau”

Estas inundacións, aseguran, tiveron un impacto muy importante pois hai “moitos expedientes que están a secar tal follas de bacallau”, incluso temen pola posibilidade de que algún dos expedientes sexa irrecuperable. Neste sentido, lembran que “en moitos procedementos xudiciais hai orixinais de documentos únicos de gran valor e outros de difícil reprodución. Incluso no caso de poderse recuperar pode provocar retrasos na resolución dos mesmos”.

Arquiveiros

Desta vez foron os arquiveiros, que levan meses buscando solucións á falta de espazo, e os empregados de mantemento, que levan xa moito tempo traballando no edificio, os que “evitaron unha catástrofe maior”.

‘Papel 0’

Ante a “precaria e tardía posta en funcionamento do Papel “0”, mala formación e falta de medios”, AXG-CUT presentou por escrito á Dirección Xeral de Xustiza un plan para eliminar o papel que existe nos xulgados. O obxectivo é “evitar situacións como actual ou posibles incendios e sobre todo facilitar o traballo e gañar espazo nos arquivos xudiciais e nos propios xulgados”.

Servizo Común de Videoconferencias e Dixitalización

Así, este plan pasa por crear, canto antes, un Servizo Común de Videoconferencias e Dixitalización, aproveitando os fondos da Unión Europea. Dacordo con elo, as súas funcións principais serían:

  • Dixitalización dos expedientes xa existentes que se deben manter de tódolos xulgados, fiscalía, Imelga en Vigo.
  • Dixitalización da documentación en soporte papel de nova incorporación. Aínda que o procedemento se tramite dixitalmente, haberán de ser rexistrados en formato papel acuses de recibo, fax, exhortos, etc.
  • Realización de videoconferencias PASIVAS (solicitadas por outros órganos).

Neta liña, lembrab que nos xulgados de Galicia graváronse no mes de marzo deste ano un total de 10.175 vistas, o que supón un incremento dun 124.47% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Trátase do mes con maior número de vistas gravadas nos últimos tres anos, dende o comezo da implantación da aplicación E-Fidelius (aplicación utilizada nas videoconferencias).

También te puede interesar