Por falla de persoal
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que a oficina dos Servizos sociais de Teis, esta pechada media semana (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal – administrativo e bedel -.
As asistentas sociais teñen que atender a Recepción
Está falta de persoal administrativo, sinalan dende a asociación, provoca ademais que o resto da semana, as dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para “abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade”.
Está situación, provoca “unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais” -Risga, emerxencia, pensións non contributivas,etc-.
Contacto co Concello en novembro
Por este motivo, a Asociación dirixiuse por escrito no mes de novembro a Concellaría de Servizos Sociais, informando desta situación, “sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora”. Tamén outros colectivos sociais (Os Ninguéns, ODS Coia,) e partidos políticos teñen denunciado este feito, tal e como informou vigoalminuto, que tamén afecta á oficina de Coia.
“É inadmisíbel que esta oficina leve dous meses sen persoal suficiente”, denuncian dende a Asociación, dende a que negan que a solución pase por “derivar a veciñanza ao Concello ou cargar de máis traballo as asistentas sociais”. Así, afirman que “a este Goberno municipal, só lle preocupa a organización de festas, eventos e nada lle preocupan como funcionan os servizos municipais”.
“Adaptación” do servizo por “motivos de persoal”
Este mesmo mércores, vigoalminuto preguntou al alcalde sobre este tema e Abel Caballero respostou que esta circunstancia débese á “adaptación” deste servizo por “motivos de persoal”. Neste fío, subliñou que o Concello porá en servizo dúas “novas construcións“ dependentes de Servizos Sociais: nun edificio da Praza da Princesa -no que antes estaba a sede da Federación de Asociación de Veciños (FAVEC) e no “corazón” do Casco Vello, para atender ás persoas en situación de necesidade.