Chega á súa 14ª edición
Vigo é unha cidade de deporte. E non é todo fútbol, tamén destacamos noutras disciplinas, nas que estamos entre os primeiros de Galicia.
Unha delas é o atletismo, cunha altísima participación en diferentes probas, como as que abrague o ‘RunRun Vigo’, que este ano chega á súa 14ª edición con milleiros de participantes.
12 probas
Ao longo de 2023 están previstas 12 probas, con datas ainda sen pechar pero que, cronolóxicamente, serán as seguintes: Subida ao Castro; Carreira do Calvario; Carreira popular 10k de Teis; Media maratón Vig Bay; Carreira praia Samil; Carreira da cereixa; Nocturna correndo por Vigo; Carreira nocturna San Xoán; Vigo contra o cancro; Media maratón de Vigo; Vigo +11 e a carreira solidaria Érguete, no mes de decembro.