Vigo al minuto

Tivemos un 2022 extremadamente cálido e seco, sen precedentes en máis de 60 anos

Pese ás precipitacións de novembro e decembro

O mes de xaneiro pasado foi o máis cálido dos últimos 57 anos

Pese ás precipitacións de novembro e decembro

Galicia rexistrou un 2022 extremadamente cálido e seco pese ás precipitacións dos últimos dous meses do ano,segundo o avance do balance climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia.

‘Extremadamente cálido’

Así, durante a presentación do informe, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, dixo que a temperatura media foi de 14,9 graos, un valor considerado como extremadamente cálido e rexistrándose, ademais, unha anomalía positiva de 1,4 graos con respecto aos valores esperados. “Temos que remontarnos ao ano 1961 para falar de temperaturas tan altas como as que tivemos en 2022”, incidiu a conselleira.

Vaga de calor “histórica”

Deste xeito, houbo meses extremadamente cálidos como maio e xullo. Neste último mes produciuse unha vaga de calor histórica superando os termómetros os 40º en moitos puntos da Comunidade. E, ademais, o día 14 de xullo vivimos un evento chamado Sistema Convectivo de Mesoescala, que xerou unha área tormentosa do tamaño de Galicia que deixou máis de 6.000 raios en 4 horas.

Chuvias

No que atinxe ás precipitacións, o volume de chuvias foi menor do agardado polo que 2022 debe considerarse, en xeral, un ano seco. Así, a precipitación media en Galicia foi de 1.201 litros por metro cadrado, o que supón, segundo subliñou Ángeles Vázquez, “un 7% menos do que cabería esperar”.

Contrastes entre meses moi secos e outros moi húmidos

Con todo, cómpre salientar que 2022 presentou notables contrastes entre uns meses e outros, combinando períodos moi húmidos con outros moi secos. A conselleira explicou que entre estes últimos están xaneiro, febreiro -só rexistrou unha xornada chuviosa na que se acumulou a metade das precipitacións rexistradas ao longo de todo o mes-, xullo ou agosto.

Por outra banda, foron húmidos marzo, xuño – choveu un 78% máis do normal para este mes-, e sobre todo, o último trimestre do ano, destacando, de xeito especial, novembro e decembro. No primeiro caso, chegaron a acumularse 255 l/m 2 -un 50% por riba do normalpara ese mes- mentres que en decembro se recolleron 293 l/m 2 -un 59% máis do habitual-.

Para concluír a conselleira subliñou que, a pesar de que 2022 foi un exercicio seco en xeral, rexistrouse un final de ano moi húmido, que axudou a solucionar a situación de seca que afectou a Galicia.

También te puede interesar