Pontevedra foi a provincia con máis accidentes
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 72 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 13, e as 12 menos un minuto da noite do domingo pasado, 15 de xaneiro.
Así, a Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, mobilizando 65 recursos sanitarios.
Neles, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 53 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes.
En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 16 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.