Atópase na Praza Carlos Casares, ao carón da horta urbana comunitaria
O Concello de Nigrán estrea un novo parque infantil na Praza Carlos Casares de A Ramallosa tras investir 30.000 € na total remodelación do espazo existente. Así, situado ao carón do horto urbano comunitario, o novo lugar de recreo responde a unha demanda da veciñanza.
Este novo espazo conta agora cun novo conxunto modular de madeira que contén dous tobogáns; un bambán múltiple para uso simultáneo dun adulto e crianza; outro convencional e dous balancíns con sendos resortes. A maiores, substiuíuse a superficie de area por formigón pulido e caucho homologado nas áreas de seguridade dos xogos.
“As propias persoas que acuden a diario á horta ou a pasear os cans nos pediron que complementásemos este lugar cun parque infantil”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que “pasamos de ter unha plaza totalmente descoñecida na Ramallosa a unha praza chea de vida”.