Destacados Vigo al minuto

Sanidade comezará este ano a vacinación contra o herpes e os cribados de cancro de pulmón e próstata

Desde xuño

Sanidade comezará este ano a vacinación contra o herpes e os cribados de cancro de pulmón e próstata

Desde xuño


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará o vindeiro mes de xuño coa vacinación contra o virus do herpes zóster, a mellora da vacina de maninxite , en adultos, para 20 tipos distintos, e os cribados de cancro de pulmón e próstada.

Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia, para explicar os proxectos do seu departamento para este 2023, no primeiro debate sanitario do ano.

No mesmo, os voceiros da oposición, Montse Prado (Bloque Nacionalista Galego) e Julio Torrado (PSOE), lamentaron que García Comesaña non falase dos “problemas reais”, empezando pola Atención Primaria e reprocharon que a prevención” non pode darse se a Atención Primaria segue en situación precaria.



También te puede interesar