As súas mortes súmanse á do conductor dun camión, en Manzaneda
Outros dous homes perderon a vida este luns en diferentes circunstancias. O primeiro deles, de 51 años faleceu mentres traballaba nunha neve do polígono industrial do concello de Ordes. Segundo fontes dos servizos de Emerxencia, esmoreceu, e caeu ao chan.
De inmediato deuse a alerta e os primeiros en chegar foron os Bombeiros, que teñen a súa base moi preto e que tentaron reanimalo con axuda dun desfibrilador, ainda que non foi posible. Tampouco poideron recuperalo os profesionais do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ordes. Ata o lugar desprazouse tamén un helicóptero medicalizado do 061.
Atopado morto na casa
Ao fío das 13:00h., o personal do 061 alertaba ao 112 de que un home aprecera morto na súa casa do Barco de Valdeorras. Foi a súa coidadora a que o atopou no salon da vivenda, no que había fume e unha das cadeiras estaba calcinada, ainda que no momento no que a muller entrou na casa xa non había lume.
Desde o 112 solicitouse a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar onde ocorreron os feitos. Alí as forzas da orde fixéronse cargo das investigacións para explicar as causas do falecemento.
Estas dúas mortes súmanse a unha terceira: a do condutor dun camión, de 60 anos de idade, tamén hoxe, nunha estrada de Manzaneda.