En En A Guarda, O Rosal, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Cangas, Moaña e Ponteareas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a Resolución do proceso selectivo, o nomeamento como persoal estatutario fixo, e a adxudicación de destino definitivo, dos aspirantes da categoría de facultativo especialista de Atención primaria.
Así, a Resolución de hoxe informa da adxudicación de 7 prazas correspondentes aos centros de saúde de: Moaña (2); A Guarda; O Rosal; Redondela/Pazos de Borbén/Fornelos; Ponteareas e Cangas. Estes facultativos se incorporarán aos seus centros de saúde ao longo do próximo mes e “reforzarán as gardas dos Puntos de Atención Continuada“, informan dende o SERGAS.
A estas prazas, subliñan dende o Servizo Galego de Saúde, hai que engadirlle as outras 8 xa adxudicadas na primeira quenda deste proceso, co obxecto de que tras finalizar o mesmo se incrementara o cadro de persoal con 15 facultativos en 10 centros de saúde desta área sanitaria: Valeixe/Crecente (1); A Guarda (1); O Rosal (2); Cangas (1); Moaña (3); Coia (1); Ponteareas (3); O Porriño (1); Redondela (1) e Val Miñor(1).