Comarcas Vigo al minuto

Tempo de Entroido en Mos

Os actos empezarán o 17 de febreiro

Tempo de Entroido en Mos

Os actos empezarán o 17 de febreiro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, presentaron este martes pola tarde a ‘Programación do Entroido de Mos’ para este ano 2023.

Dende o día 17

Así, anunciaron que o programa de actos comezará o venres 17 de febreiro co Festival de Entroido nos exteriores do Pazo de Mos a partir das 23:00 horas coas actuacións musicais de Los Lunes al Sol, Ging Toni´s e DJ Omy Cid. A programación seguirá o luns 20 de febreiro coa Festa Infantil de Entroido no Multiusos das Pozas desde as 17:00 horas, contando coa Orquesta Ce Pantasma e Barafunda Animación.

Desfile de comprasas

O agardado desfile de comparsas será o domingo 19 de febreiro pola Avenida de Sanguiñeda. Dará comezo ás 17:00 horas e o broche final poráo o concerto do grupo Girl’s Gang.

As comparsas interesadas en participar no desfile teñen de prazo para inscribirse dende o mércores 1 ata o mércores día 15 de febreiro, ambos inclusive. O listado de comparsas admitidas será publicado o xoves día 16 de febreiro na web do Concello.

O desfile divídese en 2 seccións: ‘Grupos e comparsas’, dentro das comparsas 2 categorías (infantís, ata 12 anos, e adultos, de 13 anos en adiante). Consideraranse dunha ou doutra categoría atendendo á porcentaxe de idade que teña maior número de compoñentes, como mínimo nun 60%.

Para avaliar aos participantes, haberá un xurado, presidido pola concelleira de Cultura, estará formado por: dúas persoas do mundo do Teatro e o espectáculo; unha persoa do mundo do deseño, a confección e a moda; outra do mundo do baile e unha máis do mundo da perruquería e maquillaxe. O secretario/a do xurado será un funcionario/a do Concello designado pola presidenta.

Premios

Grupos: De 15 a 25 compoñentes por participar: 200 €. Premio único ao mellor grupo: 200€; Comparsas: de 26 a 40 compoñentes categoría infantil por participar: 300€; máis de 41 compoñentes categoría infantil por participar: 400€; de 26 a 40 compoñentes categoría adulto por participar: 400€; máis de 41 compoñentes categoría adulto por participar: 500€.

Premio único á mellor comparsa infantil: 500€; premio único á mellor comparsa de adultos: 500€; mención especial á mellor carroza: 300 €; ao mellor vestiario: 300 € e mención especial animación: 300€.

También te puede interesar