Denuncian que Caballero ignora os “problemas sociais, de convicencia e de sostibilidade” de Vigo
Centos de persoas atenderon a chamadas de 17 de colectivos, asociacións, agrupacións e grupos cidadáns, e manifestáronse este domingo en Vigo para rexeitar o xeito do alcalde de xestionar os problemas da cidade,
Saínda da Porta do Sol, os asistentes cualificaron a Abel Caballero de “populista” e acusárono de gobernar “con enormes aires de grandeza e superioridade, desprezando as voces discrepantes e ignorando os problemas sociais, de convivencia, e sostibilidade da cidade”.
Vigo somos todos e todas, e merecemos que se nos escoite, sinalaron e, no manifesto leido ao final da mobilización aseguraron que “debaixo do paraugas de éxito mediático da cidade de Vigo durante o Nadal proxéctanse tamén moitas sombras”.
“Cando non opinamos como Abel, este vai na nosa contra”
No percorrido, que chegou ata a Farola de Urzáiz e volveu á Porta do Sol, os asistentes berraron lemas como ‘Abel, escoita, Vigo está en loita!’; ‘Vigo somos todos, Vigo somos todas!’ ou o xa clásico ‘Se isto non se amaña, caña, caña, caña!’.
Ao final, o encargado de ler o manifesto, en representación de AVIBE; Vecinos Zona Centro; Bembrive en Pé; Vigo Histórico; Grupos en Loita; Os Ninguéns e Defensa Parque García Picher, Gasolineras a 100 Metros; Xubilados de Cabral; Salvemos a Gran Vía; Local Social Faísca, Comité de Empresa de Vitrasa ou as organizacións ecoloxistas ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra ou Greenpeace, apuntou que “unha maioría absoluta non pode ser escusa para non negociar e para non atender as críticas dos veciños e veciñas da cidade. Cremos que o Concello de Vigo debe cuestionarse que relación quere ter ca veciñanza da cidade, nunha democracia como a que vivimos, non teñen cabida actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”.
Sustentabilidade
Nesta liña denunciaron problemas de gravidade, como o da sustentabilidade, e lembraron que “Vigo ten a dudosa honra de ser a cidade de España con máis vehículos por habitante, o cal fai que teña un tráfico terrible que lle otorga tamén ter o aire máis contaminado de toda Galicia e dos peores do país“.
Así, aseguraron, a cidade non está preparada para facer fronte o cambio climático e o quecemento global. Precisamos, apuntaron “un modelo novo de cidade é necesario onde as zonas verdes gañen espazo ó formigón, onde as árbores sexan as protagonistas fronte o ruído, onde se priorice a calidade de vida fronte a inversión privada”.
A declaración marcou o rexeitamento das diferentes asociacións aos proxectos como o do vial PO-010, ou a nova A52 Bigo-Porriño, que vai “romper” Bembrive. Tamén aos ruídos do Nadal que soportan as veciñas e veciños da zona centro.
Casco Vello
No mesmo fío, aseguraron que “como Vigo somos todas e todos, esiximos que se atenda á cidadanía cando defende o patrimonio cultural e natural ante as actuacións da propia administración”. Así, puxeron exemplo o túnel de Elduayen que afecta ao Casco Vello, “barrio que debería permanecer inalterable no tempo, non modificado por ocorrencias actuáis”. Ademáis, subliñaron, os 3 anos sen tráfico na porta do Sol demonstraron que “é innecesario”.
Árbores e parques
En canto as árboles, “son apreciadas pola cidadania, e tamén son patrimonio. Son un regulador térmico, non simples adornos. Basta de arboricidios en Vigo”. Por iso esixiron que antes de cortar unha árbore porque molesta a
sua ubicación, se pense no que esa árbore ofrece.
Tamén pediron un Vigo onde os seus parques coma o Parque de García Picher e xardíns da Alameda sean coidados e protexidos. “Lamentablemente o cambio climático non é unha teoría, estamolo a sufrir xa; vimos dunha vaga de calor no verán, e dunha seca a que durou ata ven entrado o outono e cunhas temperaturas non acordes as estacións nas que estamos. Frente a isto o Concello promove arboricidios, reemplazar parques cheos de árbores, terra e herba por caucho“.
Pobreza e conflitos laborais
“Como Vigo somos todos e todas gustaríanos que nos se expulse á poboación empobrecida das prioridades locais, e haxa unha axenda ambiciosa e responsable socialmente coas veciñas en risco de exclusión, de senfogarismo, despexadas, prostituidas, e tanto colecticos infraatendidos”.
Tamén pediron unha cidade na que as bandas musicais non atopen salas de ensaio pechadas; a mediación no conflito laboral de Vitrasa, cuns traballadores que levan meses facendo paros, “unha situación que afecta á cidadanía”.
“Non se pode construir Vigo de costas ás veciñas e veciños”
A conclusión dos manifestantes e as asociacións convocantes é que “non se pode constuir un Vigo de costas oas veciños e veciñas. Non se pode confundir esa maioría “absolutísima”, lexítima e democrática, cun cheque en branco. E que o exercicio desa maioría no Concello de Vigo non pode ser un rodete antidemocrático”.