Destacados Vigo al minuto

Oferta ‘in extremis’ de Rueda a catro días da Manifestación pola Sanidade Pública

Contratos de 3 anos a residentes e 400 prazas fixas sen oposición

Oferta 'in extremis' de Rueda a catro días da Manifestación pola Sanidade Pública

Contratos de 3 anos a residentes e 400 prazas fixas sen oposición

O presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta ofrecerá un “contrato estable de tres anos” para todos os residentes de Medicina de Familia tan pronto rematen a súa especialidade.

400 prazas fixas sen oposición

Así, durante a sesión de control no Parlamento de Galicia, Alfondo Rueda adiantou que esta é unha das iniciativas que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) lles propuxo este mércores aos representantes da Mesa Sectorial de Sanidade, xunto á de convocar este mes de febreiro máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura.

En concreto, precisou, irán dirixidas a cubrir postos de médicos de familia, pediatras de atención primaria, facultativos en hospitais comarcais e profesionais da saúde mental.

33 citas ordinarias ao día en Atención Primaria

A terceira proposta da Xunta á Mesa Sectorial de Sanidade é o compromiso de que os médicos de familia teñan axendas de 33 citas ordinarias, de 10 minutos cada unha, e 7 espazos reservados para as urxencias. “Cando haxa picos de demanda e deban atender a máis destas persoas, permitirase que se prolonguen as xornadas a cambio dunha remuneración adicional”, aclarou o presidente.

Manifestación en Defensa da Sanidade Pública

Esta oferta do presidente da Xunta coñécese a apenas 4 días para a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galicia, SOS Sanidade Pública, contra o deterioro do servizo sanitario público en Galicia.

Como informara vigoalminuto, a manifestación comezará o vindeiro domingo, dia 12, ás 12:00h. na Alameda de Santiago de Compostela.


También te puede interesar