Case cuadriplicaba a taxa de alcoholemia
A Garda Civil investiga aun veciño de Vigo como presunto autor dun delito contra a Seguridade viaria logo de que arroiara co seu coche a tres veciñas da parroquia de Chenlo, no Porriño.
Segundo fontes dos servizos de Emerxencias, o suceso produciuse este domingo pasado, preto das 7 da tarde, na estrada PO-310, na Baixada á Igrexa de Canadelo. Este individuo deu co espello do coche a unha das mulleres, que arrastrou na súa caída ás outras dúas.
A causa do golpe, resultaron feridas de distinta consideración e unha delas segue no hospital, sometida a observación, logo de que sufrira un impacto na cabeza.
Finalmente, os axentes dos corpos de seguridade identificaron a este individuo coma un veciño de Vigo, maior de 60 anos, que deu 0,99 mg/l na proba de alcoholemia, o que casi multiplica por catro o máximo permitido e supera o límite penal.