Comezou este domingo pola tarde
Un incendio que comezou pouco antes das 7 da tarde deste domingo, día 19, na parroquia de Barxa, no concello da Gudiña, quiemou xa 24 hectáreas, segundo os datos da Consellería do Medio Rural. Para tratar de controlar as lapas, traballan na zona 7 brigadas, 4 motobombas, 3 axentes e un helicóptero.
De novo, dende a Xunta lembran que hai un teléfono anónimo e de balde para denunciar calquera actividade incendiaria, é o 900 815 085. Tamén está o 085 para alertar de posibeis incendios forestais.