Estivo ‘retida’ 6 horas e foi deportada
O BNG considera un “escándalo” que despois de que Israel autorizara oficialmente a entrada da eurodeputada Ana Miranda antes do inicio da misión como integrante da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento
Europeo, no aeroporto de Tel Aviv denegaran o seu ingreso no país, alegando novamente a causa da participación na Flotilla Internacional rumbo a Gaza de 2015.
“Ocupación e apartheid de Israel co Pobo Palestino”
Miranda formaba parte da delegación oficial que chegaba onte a Palestina. Despois de que a parasen no control da fronteira e tras máis de 6 horas de agarda a ter noticias oficiais de Israel, foi avisada da expulsión con total falta de
respecto e arrogancia.
“Que finalmente non me deixen entrar é o prezo a pagar por defender os dereitos humanos e denunciar a ocupación e o apartheid que Israel practica co Pobo Palestino”, manifesta Miranda, quen foi deportada ás 06:15h. no primeiro avión con destino a Madrid.
Presión do Parlamento Europeo
Dende o momento no que a retiveron no aeroporto, comezou a presión diplomática da Delegación da UE en Xerusalén e do Gabinete da Presidenta do Parlamento Europeo, así como o contacto da Embaixada española, mais de novo, Israel abusa con total impunidade non respectando aos membros do Parlamento Europeo nin unha delegación oficial da Eurocámara.
O BNG denunciará está vulneración diplomática e de falla de respecto da inmunidade parlamentar tanto no Parlamento Europeo, como no Congreso.