Cultura Destacados

Vigosónico volverá pechar as súas portas ata que non se resolva a licitación

Grupos de Vigo en Loita alerta de que “poden pasar meses e meses ata que non reabra de novo”

Vigosónico volverá pechar as súas portas ata que non se resolva a licitación

Grupos de Vigo en Loita alerta de que “poden pasar meses e meses ata que non reabra de novo”

Segundo fontes do propio Vigosónico, o espazo que alberga as salas de ensaio municipais pechará o vindeiro martes 28 de febreiro e non reabrirá ata que estea adxudicado o servizo. O prazo para a presentación de ofertas remata o venres 3 de marzo, polo que dende Grupos de Vigo en Loita, plataforma que abrangue ás usuarias e usuarios dos locais, denuncian que nese caso que “poden pasar meses e meses ata que non reabra de novo”.

Protestas

A licitación tería un valor de 85.000€, e viría sustituír o que en palabras do colectivo de artistas musicais foron “parches encadeados dende que as protestas conseguiron que reabrise o espazo a mediados do ano 2022. Este anuncio foi recollido como unha boa nova e unha victoria por parte do colectivo. Porén, o que non foi anunciado é que, ata a resolución da licitación, o espazo pecharía indefinidamente, como apuntan dende o propio Vigosónico.

Sen avisar aos usuarios

Grupos de Vigo en Loita denuncia que as usuarios e usuarias “non foron de ningún xeito avisadas desta situación, enterándose só de xeito informal a través do persoal”. Por iso, consideran que é un escándalo e unha burla ás viguesas que Vigosónico peche de novo xusto despois de ter anunciado precisamente a súa continuidade“. Así foi e “sen que se previran e anunciaran debidamente mecanismos para mantelo aberto, como mínimo, como se leva facendo dende que as protestas obrigaron a que o Concello, ás présas, reabrira o espazo”.

Desconfianza no Goberno municipal

Ademais, a plataforma de artistas musicais da cidade desconfía das intencións do Goberno municipal. “A última vez que Vigosónico pechou indefinidamente foi coa excusa pandemia, pero resultou ser un peche definitivo encuberto que non puidemos reverter ata máis de dous anos despois“, afirman. Engaden tamén que “outro exemplo disto é o caso de Súbete ao Castro, un espazo que pechou en 2014 supostamente para arranxar unhas humidades e que máis de oito anos despois segue pechado. Polo tanto, esixen que “o Concello reabra inmediatamente Vigosónico e que teña unha actividade ininterrumpida independentemente de cando se resolva a licitación anunciada”.

Salas de ensaio en Vigo

Dende a súa creación en xaneiro de 2022, Grupos de Vigo en Loita desenvolveu unha actividade ininterrumpida en torno ás problemáticas que sofren os grupos musicais vigueses, especialmente en torno á situación das salas de ensaio.

Por iso, dende xaneiro deste ano son parte, xunto a outros 16 colectivos da cidade, da coordinadora Vigo Somos Todxs, ao considerar que todas as entidades integrantes “sofren o mesmo desprezo e ataques por parte do Concello, que sempre se negou a negociar nada”. O pasado 5 de febreiro convocaron unha manifestación que reuniu a un milleiro de persoas no centro de Vigo, e no Pleno do día de onte no Concello, un grupo de representantes da mesma asistiu e tivo un enfrentamento verbal co alcalde. Ante as demandas dunha reunión, o Alcalde calificou aos veciños de “fascistas” como “en los años 30”. A coordinadora ten anunciado que continuará a súa actividade para reclamar “un Vigo que escoite aos movementos sociais e ao tecido asociativo” no que “a democracia sexa máis que un cheque en branco outorgado cada 4 anos”.

También te puede interesar