Galicia Vigo al minuto

Porriño contrata a auditoría das contas municipais de 2018 a 2022

O alcalde lembra que había facturas irregulares de 5,5 millóns de euros

O Porriño salda, case totalmente, os 5,5 millóns de facturación irregular pendente

O alcalde lembra que había facturas irregulares por 5,5 millóns de euros

O Goberno Municipal do Porriño fixo neste último ano “un grande esforzo para regular a xestión interna do Concello a nivel económico e solucionar os problemas de facturación que arrastraban as contas municipais

Nesta liña de regularización da contabilidade e contratación municipal, o Concello do Porriño vén de contratar a auditoría da conta xeral, para dar cumprimento ao Plan anual de control financieiro, como ordenou o Interventor municipal.

413 acreedores

Tal e como explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “o período a controlar será o que abrangue os exercicios 2018 a 2022, fiscalizando a conta 413, de acredores pendentes de aplicar ao orzamento, analizando toda a facturación irregular destes anos. Tamén serán obxecto de control financieiro os expedientes de contratación de servizos, un de subministros e un de obras correspondentes a este período, así como as subvencións. Ademáis, engadiu “se contactará con todos os provedores e acredores para pedir que remitan as súas facturas e de contrastar a súa veracidade procederase ao pago do que se lles debe”.

Todo isto completarase coa comprobación dos cumprimentos dos parámetros fixados no informe de Fiscalización Selectiva do Concello do Porriño emitido polo Consello de Contas de Galicia.

Regularización da contabilidade municipal

Este é o último paso no proceso de regularización das contabilidade e contratación municipal. Un paso ao que se comprometeu o rexedor e que estivo precedido pola revisión de toda a facturación irregular dende os servizos de intervención municipais. “O primeiro que fixen como alcalde foi asinar unha comunicación aos servizos de Secretaría, Intervención e Contratación para poñer fin a toda a facturación irregular que estaba a entrar de maneira sistemática sen ningún tipo de contrato.  Tamén, e non menos importante que, de maneira inmediata, se puxera en marcha a licitación de todos os servizos”.  

Desde entón fiscalizáronse todas e cada unha das facturas irregulares que se deben e que foran retiradas da contabilidade municipal entre os anos 2018 ao 2021. Unha cifra que ascendía a 5,5 millóns euros e, tras a posta en marcha deste procedemento conseguiuse reducir en 2,4 millóns. Así, na actualidade a conta de facturas pendentes de aplicar ao orzamento sitúase en 3,1 millóns de euros.

Procedemento penal aberto

Cabe destacar neste sentido que existe un procedemento penal aberto no que se investiga toda a facturación irregular e a contratación “a dedo” destes anos, así como numerosos contenciosos por denuncias de impago de facturas irregulares que “contaban coa conformidade do anterior goberno municipal”.

Lorenzo, insiste en que ninguén que prestara servizos a este Concello vai quedar sen cobrar e, ante o desaguisado económico co que nos atopamos é necesario facer un análise exhaustivo de toda a facturación para poder pagar a quen corresponde o antes posible”.  

Te podría interesar