Destacados Vigo al minuto

Obras de conservación na pasarela peonil sobre a estrada PO-324, en Coruxo

Para reforzar a súa estrutura de formigón

Obras de conservación na pasarela peonil sobre a estrada PO-324, en Coruxo

Para reforzar a súa estrutura de formigón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de conservación da pasarela peonil sobre a estrada
autonómica PO-324, en Coruxo. Trátase dunha intervención de mantemento, co obxectivo de reforzar e mellorar a súa estrutura de formigón. Así, as obras, adxudicadas por preto de 50.000 euros, comezaranse nas vindeiras semanas.

A pasarela está formada por lousa de formigón apoiada sobre vigas prefabricadas: nun estribo o apoio está embebido no muro de contención do desmonte e conéctase co paseo peonil que dá acceso ás vivendas da parte superior. No outro estribo conecta coa escaleira de acceso que permite salvar o desnivel coa cota da beirarrúa.

Por iso, os traballos comezarán pola retirada da vexetación que cubre parte da estrutura da pasarela, a limpeza con auga a presión da estrutura. De seguido, procederase ao chorreado do formigón, selaxe e inxección superficial das fisuras e gretas e reparación con morteiro tixotrópico.

Así mesmo, nesta intervención acometerase tamén a limpeza das armaduras e procederase á protección con anticorrosivo. Deste xeito, aplicarase sobre toda a superficie de formigón unha pintura de protección dos paramentos fronte á acción da carbonatación, os cloruros e a humidade.

Ademais, como parte deste traballos, aplicarse un tratamento con alta resistencia á corrosión sobre a varanda metálica que protexe lateralmente a pasarela.

Te podría interesar