Leva o nove do lucense Francisco Fernández del Riego
O Concello renderá homenaxe ao lucense Francisco Fernández del Riego (1913-2010) polo Día das Letras Galegas coa estrea da praza que leva o seu nome – a popularmente coñecida como Praza Elíptica– e a colocación dun busto da súa figura. “A nosa idea é unha praza para actos cidadás e culturais, préstase para facer concertos ou algunha representación teatral”, dixo o alcalde logo de visitar esta mañá o avance das obras.
Caballero di que a obra “é a homenaxe que Francisco Fernández del Riego merece” e cualificou a autor como “un home tan importante para o conxunto da cultura de Galicia e que decidiu que Vigo era a súa cidade e a súa terra, o lugar onde tiña que estar”.
Máis espazo peonil
O Concello inviste 2,3 millóns de euros na renovación deste espazo na que medra nun 30% o espazo peonil. Nestes momentos, están a instalarse as pérgolas que ambas as dúas incorporan un número significativo de paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación da praza. Amais, instalarase novo mobiliario urbano; renovarase o pavimento; as redes de saneamento e abastecemento de auga; luz; electricidade; comunicacións e gas.