Cultura Vigo al minuto

A ruta literaria de Domingo Villar acapara interés estatal e internacional

Hay reservas ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel

A ruta literaria de Domingo Villar acapara interés estatal e internacional

Hay reservas ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel

Literatura e turismo consolidan un binomio perfecto en Nigrán grazas á novela de Domingo Villar ‘A praia dos Afogados’. A proba é que a ruta literaria presentada polo Concello de Nigrán na Feria Internacional de Turismo (FITUR) está a despertar interés estatal e internacional.

O resultado desta aposta é que un grupo de alumnos senior de Filosofía da Universidade de Barcelona realizou este sábado unha visita guiada privada organizada desde o Concello á que se sumará máis dunha decena ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel (Alemania). A eles súmanse institutos de toda Galicia (Palas de Rei, Valadares, A Guarda ou Vigo) e Escolas de Idiomas como a de Ferrol.

Roteiros para todos os públicos

Ao marxe destas andainas guiadas o Concello realizará roteiros abertos ao público no Día do Libro (23 de Abril), no cabodano de Domingo Villar (18 de Maio) e durante todo o verán.

“Tivemos a sorte de que Nigrán sexa o escenario principal desta obra que vive actualmente un rexurdir; Domingo Villar continúa sendo o noso mellor embaixador e a proba e o interese que desperta este roteiro”, recoñece o alcalde, Juan González, quen desexa deste xeito “manter viva a memoria de Domingo”, falecido o ano pasado.

“Sabíamos que iba a ter unha excelente acollida porque a súa obra interesa a milleiros de persoas, pero ademais, o roteiro resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que el tan ben describe na novela, como poden ser Monteferro, a Praia da Madorra, Praia América, Panxón ou o Templo Votivo”.

Leo Caldas

Esta andaina literaria esta plasmada nun folleto turístico específico que elaborou o Concello e que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas (as persoas interesadas poden atopalo físicamente na Oficina de Turismo de Panxón ou descargalo directamente na web www.nigran.es).

Da praia da Madorra ao Monumento á Mariña Universal

Esta andaina ten una lonxitude de 4,5 km divididos en 5 paradas e unha duración estimada de 2,5 horas cun grado de dificultade media. Seguindo o propio discorrer da novela, arranca na Praia da Madorra, onde aparece o cadáver maniatado dun mariñeiro que abre a investigación. A continuación continúa no Porto de Panxón, onde se atopa a lonxa ou a taberna ‘El Refugio del Pescador’, ademais das nasas ou embarcacións tradicional moi mencionadas no libro.

A terceira parada é o Templo Votivo do Mar do arquitecto Antonio Palacios, lugar onde o inspector Leo Caldas se entrevista co párroco e cuxo interior contén mosaicos de esceas de naufraxios. Seguidamente, o camiñante debe dirixirse cara a península de Monteferro para visitar Punta Lameda, zona onde aparece afundida a barco de ‘O Rubio’. Finalmente, conclúe no Monumento á Mariña Universal, contorna cuxas vistas sorprenden a Rafael Estévez, axudante de Caldas. Estas cinco ‘paradas’ figuran xeolocalizadas, con cadansúa frase da novela vinculada a esa zona en concreto e, a maiores, cunha breve información turística ao respecto.

A praia dos Afogados’

Publicada no ano 2009, trátase da segunda entrega da famosa triloxía de novela negra de Domingo Villar. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería simplemente outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar.

También te puede interesar