Comarcas Vigo al minuto

Sanidade ofertará 23 prazas fixas, por concurso de méritos, para a Área Sanitaria de Vigo

En Arbo, Ponteareas, o Morrazo, Baixo Miño e O Condado

Sanidade ofertará 23 prazas fixas, por concurso de méritos, para a Área Sanitaria de Vigo

En Arbo, Ponteareas, o Morrazo, Baixo Miño e O Condado

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ofertará 23 prazas fixas por concurso de méritos para os centros de saúde da área sanitaria de Vigo, entre medicina de familia e pediatría. Así o destacou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao centro de saúde de Arbo.

“Unha das prazas de médico será no centro de saúde de Arbo e outra de médico e dúas de pediatría serán no centro de saúde de Ponteareas. O resto das prazas, o Sergas as detallará ao longo desta semana e, -tal e como dixo o conselleiro-, “haberá prazas en todas as comarcas que están dentro da área, a de Vigo, a do Morrazo, O Condado, A Paradanta e o Baixo Miño”.

Deste xeito, “estamos a blindar a estabilidade da asistencia médica dos centros de saúde desta área nos vindeiros dous anos. Neles, teremos ese núcleo do cadro de persoal fixo que non se moverá nin nas ofertas públicas de emprego nin nos concursos de traslados”.

Médicos de familia recén titulados

Incluimos, ademais, -proseguiu o conselleiro-, aos médicos de familia recén titulados. Así, os MIR desta especialidade que rematen en maio poderán inscribirse con carácter previo e acreditar despois o título. En consecuencia, “Galicia é agora mesmo a única comunidade de España onde un médico pode rematar a súa residencia e obter unha praza fixa no sistema público de saúde no mesmo ano”.

Te podría interesar