Este xoves e o venres
O Hospital Álvaro Cunqueiro foi elixido pola SEMICYUC (Sociedad Española de Medicina Intensiva Crítica) para impartir o V Curso de Instructores en Simulación Clínica para Medicina Intensiva. Así, durante este xoves e mañá, venres, unha vintena de especialistas en medicina intensiva de diferentes hospitais de España están participando nestos obradoiros no Centro de Simulación do hospital.
Formación e capacitación
Este curso persigue a formación e capacitación de educadores para o uso da simulación clínica como instrumento de ensinanza, aprendizaxe e acreditación. Segundo explica a xefa do servizo de Medicina Intensiva da Área Sanitaria de Vigo, a doutora Dolores Vila, “a novidade desta edición é que por primeira vez a parte práctica se realiza no noso hospital; o feito de ser elixidos entre todos os centros nacionais pon en valor, ademais do nivel dos nosos intensivistas, a capacidade tecnolóxica e docente do Álvaro Cunqueiro.”
O curso, coordinado por la doutora María Jesús Broch, do Hospital La Fe, de Valencia consta dunha parte teórica online deseñada para proporcionar os coñecementos xerais necesarios; e un módulo presencial onde experimentar o aprendido, desenvolvendo escenarios, practicando o debriefing (discusión posterior sobre o acontecido na sala de simulación) e adquirindo métodos de avaliación.
7 intensivistas instrutores
Da UCI do Cunqueiro tamén recibirán formación 4 especialistas en medicina intensiva, polo que cando rematen esta aprendizaxe, o servizo de medicina Intensiva deste hospital contará con 7 especialistas acreditados como instrutores.
“Esta formación aporta un plus de calidade aos nosos especialistas xa que a aprendizaxe con simuladores ten por obxectivo final mellorar a seguridade no coidado das pacientes”, asegura a doutora Vila.
Centro pioneiro no Cunqueiro
O Hospital Álvaro Cunqueiro dispón dun Centro de simulación médica avanzada para a formación dos seus profesionais sanitarios. Trátase dunha iniciativa que permite ao persoal facultativo e de enfermería desenvolver cursos específicos en condicións que se achegan o máis posible á realidade á hora de tratar determinados casos.
Par isto conta con 2 salas de simulación, 2 de observación e unha de teoría. As salas están interconectadas entre sí para poder realizar o seguimento, mediante procedementos multimedia, das prácticas que se leven a cabo. Conta con catro maniquíes robotizados interactivos, reproducións en tamaño real, que permiten simular calquera suposto clínico que se poida producir nun tratamento ou intervención real.
Isto é, grazas ao software que controla todo o proceso e interacciona cos maniquíes, pódese xerar distintos supostos clínicos neles similares a casos reais que poden xurdir na práctica clínica diaria, como convulsions, subidas drástricas de tensión, sangrado, etc.
O software, ademais, facilita a gravación, e retransmisión as salas contiguas, das prácticas que realicen os asistentes aos cursos así como posibilita a súa avaliación ou corrección, xa que se pode utilizar con aplicacións en calquera dispositivo móbil.