Na cuarta edición do Festival Terraceo
O Festival TerraCeo chega a sua cuarta edición este ano convertido xa nun clásico da programación musical da cidade de Vigo.
Dende o 12 de maio
Esta nova edición dará comezo o 12 de maio con Depedro e contará con artistas como a estrela do soul Curtis Harding; a voz do rock do ex-vocalista e baixista de Deep Purple, Glenn Hughes; o pop/folk de Julieta Venegas; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis; o electro-punk bailable dos !!! (CHK CHK CHK), o desert blues dos Tinariwen ou o folk de Chris Jagger.
Contará tamén co mítico Pancho Varona; o indie-pop bailable de La La Love You; tamén o rock de Arde Bogotá; o novo flamenco de María José Llergo; o rap de HARD GZ e o inclasificable trap de Boyanka Kostova.
Dende a pandemia
O Festival TerraCeo xurdiu durante a pandemia como un evento ao aire libre con concertos programados dende finais da primaveira ata o final do verán. A clave do éxito foi a ubicación na espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo, xusto no momento do solpor, co sol caendo sobre a Ría e as Cíes.
Así, en 2022 foron 9.000 espectadores os que se achegaron para ver os concertos de Salvador Sobral, Soleá Morente, Lila Downs, Anni B Sweet, Taburete, Digitalism, Ángel Stanich ou Delafé y las Flores Azules.
Entradas xá á venda
Toda a programación pode consultarse na páxina web do Auditorio Mar de Vigo. As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com, contando as 200 primeiras de cada concerto cun 20% de desconto.
Este é o programa
Maio:
12 de maio – DEPEDRO
13 de maio – GLENN HUGHES
26 de maio – !!! (CHK CHK CHK)
Xuño:
2 de xuño – PANCHO VARONA
3 de xuño – ARDE BOGOTÁ
30 de xuño – CURTIS HARDING
Xullo:
1 de xullo – LA LA LOVE YOU
7 de xullo – CHRIS JAGGER
8 de xullo – JULIETA VENEGAS
21 de xullo – MARÍA JOSÉ LLERGO
22 de xullo – KITTY, DAISY & LEWIS
25 de xullo – TINARIWEN
Setembro:
22 de setembro – BOYANKA KOSTOVA
23 de setembro – HARD GZ