Galicia Vigo al minuto

O Porriño pechou 2022 co maior remanente da súa historia: 13 millóns de euros

E 2 millóns menos de facturación pendente de pago

O Porriño pechou 2022 co maior remanente da súa historia: 13 millóns de euros

E 2 millóns menos de facturación pendente de pago

O Goberno Municipal do Porriño deu conta hoxe ao Pleno da liquidación das contas do ano 2022 en cun remanente de tesourería de 13 millóns de euros e unha conta pendente de pago de facturación de 3,1 millóns, máis de 2 millóns de euros descontados da facturación pendente de pago deixada polo anterior executivo que ascendía a 5,6 millóns de euros.

“Estas cifras permítennos concluír que se están a facer as cousas correctamente e que a xestión dos recursos propios e dos das restantes administracións está a ser eficiente”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Imos no bo camiño, sentamos as bases que permitirán encarar os próximos anos con capacidade de actuación e de inversión, que é o que a xente necesita, unha administración solvente”.

Aumento de partidas orzamentarias

Seguindo esta liña de traballo, a sesión plenaria celebrada esta tarde tivo un marcado carácter económico, aprobando modificacións orzamentarias de aumento de partidas orzamentarias que atinxen ao persoal municipal, a servizos como o Oral, o Servizo de Axuda no Fogar, a xestión da Piscina Municipal ou a recollida de lixo, así como ás subvencións nominativas a asociacións e clubs deportivos.

O Festival de Cans recibirá a maior aportación municipal nesta edición

Traballamos cun orzamento prorrogado dende o 2018 despois de que o resto dos grupos municipais tumbaran a nosa proposta de Orzamento, a única que se presentou dende entón, e obviamente esas contas non se axustan á realidade actual en moitas cousas”, continuou Lorenzo. “Urxe aprobar un orzamento, para o que necesitamos maioría, pero non imos deixar de prestar os servizos aos que á veciñanza ten dereito porque a oposición non nos aprobe os Orzamentos e por iso recurrimos a modificacións que den solución a este problema no presente exercizo económico”.

É o caso, por exemplo, das subvencións nominativas a asociacións e clubs deportivos incluídas no orzamento vixente que deixan en moitos casos a estas entidades sen financiación para desenvolver a súa actividade.  Con tal motivo, hoxe aprobouse no pleno unha modificación que permite ampliar e actualizar estas axudas, nas que se invertirá un total de 712.251 euros.

 “No caso da AC Arela, organizadora do Festival de Cans, a axuda municipal incrementarase en 25.000 euros para que poidan facer fronte aos gastos derivados da organización do certame. A actual dotación económica na aplicación orzamentaria é de 20.000 euros e con este incremento alcanzará os 45.000 euros, explicou o rexedor, “O Festival de Cans goza de gran recoñecemento a todos os niveis e cada vez ten máis repercusión e relevancia, o Concello do Porriño ten que estar á altura”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.