Pasará a ser un espazo accesible e polivalente
Nos últimos días deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da Escola da Revolta na parroquia de Parderrubias, en Salceda de Caselas. Trátase dunha actuación impulsada polo Concello, que conta cun orzamento de 12.293€ e que, como sinalou a alcaldesa, “é unha das actuacións máis importantes para garantir a accesibilidade do centro”.
Reforma integral
Verónica Tourón apuntou que estes traballos “seguen a liña de traballo que ten como finalidade que todas as instalacións municipais sexan accesibles e sustentábeis”.
Así, para elo, está previsto instalar tarima na aula, rodapés e novas fiestras. Tamén haberá unha mellora do illamento da aula; acometerase a rehabilitación integral do aseo existentes, con novas tomas de auga, electricidade e aparatos sanitarios adaptados.
Uso de colectivos e asociacións veciñais
Nesta mesma liña, a recuperación deste espazo, facilitará destinalo a disgrute por colectivos e asociacións da parroquia para o desenvolvemento de actividades de carácter cultural e social. “Creamos, así, un novo espazo polivalente, aproveitando os recursos municipais e que o seu uso sexa moito máis eficiente“.