Galicia Vigo al minuto

Piden doacións de sangue dos grupos A+ e 0- que están en niveis baixos

Podes consultar aquí onde doar

Piden doacións de sangue dos grupos A+ e 0- que están en niveis baixos

Podes consultar aquí onde doar


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) vén de facer un chamamento aos cidadáns para doar sangue á vista de que as reservas dos grupos A positivo e 0 negativo están en niveis baixos.

Así mesmo, lembran que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 unidades diarias de sangue para facer fronte ás necesidades básicas.

Onde doar?

En Vigo, podes facelo no Hospital Nicolás Peña (Camelias,109), Pavillón 4, planta baixa, en horario de luns a venres de 8:00 a 22:00h e sábados de 8:00 a 15:00h. Teléfono 986 219174. Aparcamento gratuíto no parking de Pintor Colmeiro.

Venres, 10:

  • Unidade Móbil en Salvaterra. diante do Colexio Infante Felipe (r/Escola SN) de 10:00 a 14:00h.
  • A Guarda: Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural de 16:15 a 21:00h.
  • Fornelos: Praza da Igrexa de 16:00 a 21:00h

Sábado, 11:

  • Vigo: Canido, R/Poeta Pérez Palalle (Parte de atrás da Ogrexa San Rosendo) de 10:00 a 15:00h.
  • A Guarda: Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural de 16:15 a 14:30h.
  • Puedes consultar otras fechas y horarios entrando aquí.

También te puede interesar