Contan cun orzamento de 50.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de conservación da pasarela peonil sobre a estrada autonómica PO-324, en Coruxo. Así, esta intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, ten como obxectivo o mantemento da pasarela peonil situada no punto quilométrico 0+700, para reforzar e mellorar a súa estrutura de formigón.
Selaxe de grietas
Os traballos comezaron pola retirada da vexetación que cubre parte da estrutura da pasarela e a limpeza con auga a presión da estrutura. De contado, unha vez acometidas estas tarefas iniciais, procederase ao chorreado do formigón,
selaxe e inxección superficial das fisuras e gretas e reparación con morteiro tixotrópico.
Protección anticorrosión
Nesta tamén farase a limpeza das armaduras e procederase á protección anticorrosión. Deste xeito, aplicarase sobre toda a superficie de formigón unha pintura de protección dos paramentos fronte á acción da carbonatación, os cloruros e a humidade. Ademais, como parte deste traballos, aplicarase un tratamento con alta resistencia á
corrosión sobre a varanda metálica que protexe lateralmente a pasarela.